lunes, 3 de abril de 2017

Sala Gurugú PRESENTA A TRINKE TRINKE" Festa da poesia das catro estacións "



Sala Gurugú 


PRESENTA 

A TRINKE TRINKE 


NUNHA NOVA AVENTURA DE
 "OS RATOS DE LONXEDETODO"

CO CONTO-TEATRAL 


Festa da poesia das catro estacións

8-04-2017  18,30 H.

9-04-2017 12,30 H.

  •  Duración :45 min
  •   Infantil 3 - 8 anos


SINOPSE
: Hoxe o rato Fuco estará acompañado por catro amigos seus: Manolo Caracol, o Coelliño Branco, o Porquiño Cochín e o Corvo Pepe. Cada un destes monicreques, nun teatriño, recitará o seu poema favorito. A xeito de broche final Fuco contará a historia do rato- poeta “Frederick”, narrado e proxectado con música de fondo d’ As Catro Estacións de Vivaldi. Tamén cantará co seu acordeón algunhas das poesías recitadas.





reservas :salagurugu@gmail.com
info :616701099



jueves, 30 de marzo de 2017

Sala Gurugú presenta Elefante Elegante "Xigante"sabado 1 18,30 domingo 2 12,30 de Abril

  •   Sala Gurugú
  • presenta
  • Elefante Elegante
  •     Premio al teatro infantil Maria Casares 2017      
  • Presenta :                     
  • "Xigante"
sábado Abril día 1 ,18,30 h.

domingo Abril día  2 ,12,30 h.





  •  Duración :45 min
  •   Infantil 3 - 8 anos
  • sinopse


Hai moito, moito tempo, nun reino distante, un home decidiu facer unha viaxe. Camiñou, camiñou, camiñou... ata que atopou un xardín marabilloso e ali se quedou. Pero certo día apareceu un xigante que quería o xardín só para él. O home seguiu a súa viaxe en busca de outro lugar.
No xardín do xigante era sempre inverno, ata que as persoas conseguiron subir o muro e entrar no xadín. Con elas entrou a Primavera! Mais o home que procuraba un lugar escapara do xigante antes que chegara a Primavera. Camiñou, camiñou, camiñou ata que atopou unha árbore moi especial. Das súas polas nacian follas, flores, froitos... e libros! Moitos libros! Colleu un e leuno con afán. Contaba a historia de...
O XIGANTE é unha historia na que conviven o cómico e o poético; a forza da palabra e a elocuencia do xesto; a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo escenográfico.



martes, 21 de marzo de 2017

Sala Gurugú PRESENTA a KATARSIS, Educación e Teatro S.L. PACAMA 25-03-2017 18,30 H. 26-03-2017 12,30 H.


  • Sala Gurugú 

    PRESENTA 
    a
  • KATARSIS, Educación e Teatro S.L.
PACAMA

25-03-2017  18,30 H.
26-03-2017 12,30 H.
teatro para bebes

Una exploración de juegos entre dos amigos que antes de dormir 
descurbren un mundo de aventuras que les distrae del sueño.
(1 a 5 años)




PACAMAé unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar diversión no máis sinxelo, en todo o que lles rodea, no marco dun ambente tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrolándose y desenrolándose, a luz apagándose e acendéndose, e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican.  
Un espectáculo non verbal que se desenvolve coma se fora unha coreografía de danza seguindo o fío dunha banda de son orixinal en función do movemento e das emocións das personaxes. O uso de instrumentos de vento e a gaita irlandesa axudan a que a obra manteña un clima acolledor e de soño, donde a fantasía e a imaxinación son as claves para a acción.   







reservas :salagurugu@gmail.com
info :616701099



martes, 14 de marzo de 2017

Sala Gurugú PRESENTA A TRINKE TRINKE "OS RATOS DE LONXEDETODO" O Ratiño Presumido 18-03-2017 18,30 H. 19-03-2017 12,30 H.


Sala Gurugú 

PRESENTA 
A TRINKE TRINKE 

NUNHA NOVA AVENTURA DE
 "OS RATOS DE LONXEDETODO"
CO CONTO-TEATRAL 


O Ratiño Presumido 

18-03-2017  18,30 H.

19-03-2017 12,30 H.





A gran Lilí Gruyère (Vanessa Rivas), a artista máis internacional de todas as ratiñas e ratiños de Lonxedetodo, vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical "A Ratiña Presumida", para o que contará coa axuda do seu amigo e veciño o Rato Fuco (David Pernas). Nesta ocasión Lilí decide facer a súa propia versión: "O Ratiño Presumido", que será representado  polos pais e nais asistentes e polo propio Fuco.
Como é habitual nos contos tradicionais, tamén o conto de "A ratiña presumida" fomenta os estereotipos de xénero e as ideas sexistas. Nesta actividade dramatizaremos o conto de "O Ratiño presumido" dándolle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño (o Rato Fuco) que disfruta cantando e limpando a súa casa e para visibilizar a
unhas mulleres (mamás ou profesoras do público) empoderadas, que non teñen ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer elas o matrimonio ao ratiño. 
A actividade ten como obxectivo principal fomentar valores de igualdade entre nenas e nenos a través das vidas dos personaxes, da trama do guión e os contos escollidos, buscando sempre o equilibrio entre o lúdico e o pedagóxico.

viernes, 10 de marzo de 2017

Sala Gurugú Adelanto programación Marzo

Sala Gurugú 

Adelanto programación Marzo 



PRESENTA 
A TRINKE TRINKE 

NUNHA NOVA AVENTURA DE
 "OS RATOS DE LONXEDETODO"
CO CONTO-TEATRAL 


O Ratiño Presumido 

18-03-2017  18,30 H.

19-03-2017 12,30 H.





  • KATARSIS, Educación e Teatro S.L.
PACAMA

25-03-2017  18,30 H.
26-03-2017 12,30 H.
teatro para bebes

PACAMAé unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar diversión no máis sinxelo, en todo o que lles rodea, no marco dun ambente tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrolándose y desenrolándose, a luz apagándose e acendéndose, e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican.  
Un espectáculo non verbal que se desenvolve coma se fora unha coreografía de danza seguindo o fío dunha banda de son orixinal en función do movemento e das emocións das personaxes. O uso de instrumentos de vento e a gaita irlandesa axudan a que a obra manteña un clima acolledor e de soño, donde a fantasía e a imaxinación son as claves para a acción.   

martes, 28 de febrero de 2017

Sala Gurugú Presenta a Os Naufragos en "O Comenoites" Sábado 4 de Marzo ás 18,30 H. Domingo 5 de Marzo ás 12,30 H.

Sala Gurugú 

Presenta 

Os Naufr
agos
en 

"O Comenoites"

Sábado 4 de Marzo ás 18,30 H.
Domingo 5 de Marzo ás 12,30 H.

Público Infantil 2-5
Duración 33 min.







O Comenoites é un conto infantil, escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha bonita historia coa que as nenas e nenos descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite.
O Comenoites é un duende regordiño encantado de comer a noite para que o sol poida saír outra vez e traerlles luz, calor e color a todos. Un día, a lúa coméntalle que está demasiado gordo e o Comenoites deixa de comer. Cal é o problema? Pois que se o Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol non volverá a saír nunca.
 Volverá o Comenoites a comer algún día e entón volverá o sol?









Os naufragos é a nova compañía en Galicia do equipo de Sudhum Teatro de Madrid.
Nados en A Coruña, levamos traballando no territorio español dende fai 15 anos e agora estamos nun proceso de volta a terra.
A nosa estructura ten dúas patas, por un lado, a compañía para nenos que mantén a liña de teatro educativo e cercano para a infancia. 
por outro lado, a compañía para adultos onde o traballo do actor creador e a búsqueda de novas linguaxes son o motor da mesma.

  • reservas en salagurugu@gmail.com







lunes, 13 de febrero de 2017

SALA GURUGÚ Presenta a Teatro do Miolo co espectaculo para bebes 4 TEMPOS sabado 18 ás 18,30 domingo 19 ás 12,30



SALA GURUGÚ 
Presenta 
a Teatro do Miolo 

co espectaculo para bebes 

4 TEMPOS 
sabado 18 ás 18,30
domingo 19 ás 12,30
Febreiro


ATENCIÓN
 

Debido a la gran demanda del espectáculo de bebes catro tempos la compañía y la sala decidimos hacer una funcion a mayores el domingo a las 11,30 de la mañana .pueden reservar sus entradas en salagurugu@gmail.com y pedir info en el telefono 616701099
carlos clemente