Sala Gurugú
PRESENTA
A TRINKE TRINKE
NUNHA NOVA AVENTURA DE
"OS RATOS DE LONXEDETODO"
CO CONTO-TEATRAL
O Ratiño Presumido
18-03-2017 18,30 H.
19-03-2017 12,30 H.
A gran Lilí Gruyère (Vanessa Rivas), a artista máis internacional de todas as ratiñas e ratiños de Lonxedetodo, vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical "A Ratiña Presumida", para o que contará coa axuda do seu amigo e veciño o Rato Fuco (David Pernas). Nesta ocasión Lilí decide facer a súa propia versión: "O Ratiño Presumido", que será representado polos pais e nais asistentes e polo propio Fuco.
Como é habitual nos contos tradicionais, tamén o conto de "A ratiña presumida" fomenta os estereotipos de xénero e as ideas sexistas. Nesta actividade dramatizaremos o conto de "O Ratiño presumido" dándolle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño (o Rato Fuco) que disfruta cantando e limpando a súa casa e para visibilizar a
unhas mulleres (mamás ou profesoras do público) empoderadas, que non teñen ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer elas o matrimonio ao ratiño.
A actividade ten como obxectivo principal fomentar valores de igualdade entre nenas e nenos a través das vidas dos personaxes, da trama do guión e os contos escollidos, buscando sempre o equilibrio entre o lúdico e o pedagóxico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario