Sala Gurugú
La Sal Teatro
Andalucía
El Traje
14/10/2024 ÁS 12,30
H.-
19/10/2024 ÁS 18,30 H.
edades recomendadas:
a partir de 4 anos
Duración: 45 minutos
Técnica: manipulación
e música
Idioma: Castelán
El traje Un gran traxe case tan
ancho coma unha casa e con petos case tan grandes coma dormitorios. Alí vivían
Home e Muller. Gato, can e paxaro tamén convivían con eles. Un día naceu Nena
Nena dentro do traxe. Gustáballe xogar nos petos, subirse ao lombo de Dog,
aprender con Cat e voar sobre Bird. Pasou o tempo e a nena medrou, e medrou
tanto que xa non cabía no peto da casa dos traxes. Onde durmiría agora? Ela
converteuse nunha nena grande. E decidiu facerse un traxe, un traxe grande,
case ancho coma unha casa e con petos grandes coma cuartos de durmir.
La Gotera de la Azotea Andalucía
La Gallina Churra
10/10/2024 ÁS 12,30 H.
-13/10/2024 ÁS 18,30 H.
Idades
recomendadas: a partir de 3 anos
Duración:
60 minutos
Técnica:
monicreques de mesa
Idioma:
castelán
Espectáculo de títeres de mesa
cunha actriz e músico manipuladora, onde a través do fío condutor de Galiña
Churra e o seu amigo Ratorratón, entramos nunha peculiar e sorprendente granxa
chea de animais, cores, cancións e, sobre todo, moita e moita diversión
TEATRO DE MARIONETAS LA ESTRELLA Valencia
Los Músicos de Bremen
11/10/2024 12,30 H.
-12/10/2024 18,30 H.
Idades recomendadas: a partir de
3 anos
Duración: 55 minutos
Técnica: monicreques de corda e
luvas, máscaras, obxectos e pallasos
Idioma: castelán
Con catro personaxes moi
enfadados que persi- guen aos seus animais que se escaparon. Pupi, que é un can
medoso e ao que lle gusta can- tar; Misina, é unha gata vexetariana á que lle
gusta bailar; Bartolo, é un burro poeta que se nega a traballar no campo; e
Kiriko, é un galo dormilón e rocke- ro. Escapan ao monte, fanse amigos, e
xuntos formarán unha banda de rock. De pronto co- meza unha tormenta, e terán
que buscar refu- xio, descubrindo a casa dos Porcos do Saco...
Vudu teatro Valencia
Oráculo FM
15/10/2024 ÁS 12,30
-21/10/2024 ÀS 18,30
Idades recomendadas: a partir de
12 anos
Duración: 60 minuto
Técnica:
manipulación de obxectos,
teatro
de sombras, teatro físico e manipulación de frecuencias radiales en vivo e en
directo Idioma: castelán
O gran Apollonius é un experto en
comunicación –ou polo menos iso parece– que, a través das radios, é quen de
mergullarnos nun universo cautivador cheo de sinais, frecuencias e antenas.
No seu intento de facilitar a
conexión entre os asistentes, acabará perdendo o control, entrando así nunha
odisea metafísica para comprender a importancia da comunicación con nós mesmos
e coa sociedade.
TEATRO ARBOLÉ Aragón
Blancanieves
18/10/2024 ÁS 12,30
-20/10/2024 ÁS 18,30
Idades recomendadas: a partir de
3 años Duración: 55 minutos
Técnica: actor e obxectos
Idioma: castelán
O
señor da limpeza aínda está a traballar no escenario. A súa empresa é limpezas
“Bran- caneves”. El será quen nos conte, con mochos e botellas de deterxente
por bonecos, este co- ñecido conto. Coñecido, seguro que si, pero polo menos
esta vez sen dúbida sorprendente. Teatro Arbolé adaptou ao mundo dos moni-
creques “Brancaneves”, o inmortal conto dos Irmáns Grimm, que pasou de xeración
a xera- ción a través da comunicación oral entre pais e fillos. A novidade está
en que utilizamos para a construción dos personaxes obxectos cotiáns, coñecidos
por todos. Así, fronte aos ollos do espectador nacen os personaxes que nos
guia- rán polo conto. Sorprenderémonos cantando, contaxiados pola alegría dun
mocho de frego- na, emocionarémonos coas penas dun reco- lledor e riremos cuns
ananos limpadores de vitrocerámicas. Xunto á capacidade evocadora dos nenos, o
humor e o bo facer titiriteiro de Iñaqui Juárez son os ingredientes necesarios
para que xurda a maxia nesta orixinal versión.
TITERES Larderos Castilla la Mancha
Pelos Operación Agua
16/10/2024 ÁS 12,30
-22/10/2024 ÁS 18,30
Idades
recomendadas: público infantil
Duración:
60 minutos
Técnica: luvas Idioma: castelán
A auga de toda a cidade
desaparece, ninguén ten auga. Os técnicos non atopan ningunha avaría. Créase o
caos na cidade. O seu Alcalde busca o porqué con Pelos e Guindilla. Unha
historia misteriosa onde aparece a mafia chinesa. Atoparán o que pasa coa auga?
Non te podes perder esta nova historia de Pelos e os seus colegas.
La DONA Calva Cataluña
CATERINA
17/ 10/2024 ÁS 12,30 H.
-23/10/2024 ÁS 18,30 H.
Idades recomendadas: a partir de
10 años y adultos
Duración: 50 minutos
Técnica: monicreque habitado
Idioma: galego
CATERINA combina o teatro de
monicreques e obxectos e a música en directo dunha gui- tarrista para contar a
historia dunha avoa que é incapaz de dar algúns dos seus obxectos, dos que se
quere desprender. Terá que facer unha viaxe ao seu interior para empezar a
sandar todo o que bloqueou no pasado. A obra é a entrada no universo dunha
muller que non se acaba de sentir acompañada co mundo frío e hostil que lle
rodea e a reconexión cunha mesma e a súa historia. O personaxe é unha colaxe de
materiais reciclados das nosas avoas, represen- ta unha pequena homenaxe a elas
e ás experiencias vividas que depositamos nos obxectos, dotándoos así de
significados persoais e íntimos.
PATROCINADO :
No hay comentarios:
Publicar un comentario