Sala Gurugú
XI Festival Internacional de Títeres extensión Galicreques
del basado 7 al domingo 15 de Octubre
SÁBADO 7 – 18.00H
Por confirmar compañía
---------------------------------
DOMINGO 8 – 12.00H
ARLEQUÍN Y LOS JUGLARES (Colombia) "Fábulas, cuentos y canciones para alegrar los corazones"
Título do espectáculo: Fábulas, cuentos y canciones para alegrar los corazones
Nome da compañía: Arlequín y los Juglares
Idades recomendadas: Todos os públicos
Duración: 50 minutos
Técnica: xograría, narración oral, cancións e monicreques.
Idioma: castelán
Sinopse:
Espectáculo de variedades no cal os actores e actrices interactúan co público deixando unha mensaxe de unidade, alegría, solidariedade e convivencia. A posta en escena ten cinco momentos: unha introdución dirixida por un mimo que se gaña a atención do público mediante un xogo participativo; un recital de cancións lúdicas; un personaxe trobador que improvisa sobre diferentes situacións cos nenos e as nenas; un espectáculo de monicreques que fomenta o amor e, finalmente, a interpretación teatral dun conto, que convida ao traballo colectivo e a harmonía comunitaria.
---------------------------------
XOVES 12 – 18.00H
EL LUCERO (Arxentina) "Renata"
Título do espectáculo: RenataNome da compañía: El Lucero
Idades recomendadas: A partir de 4 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: luvas
Idioma: castelán
Sinopse: Un científico retirado dedica a súa vida á procura da fórmula para rexuvenecer. Coa súa pequena neta Renata, na súa casa por uns días, enfrontarase a un temible ladrón. Entre os reiterados intentos por conseguir a fórmula, a obra sorprenderanos co achado do avó científico. Lograrán con iso vencer ao ladrón? Unha máxica historia que fai voar a imaxinación de nenos e nenas e convida a xogar ao público.
https://www.youtube.com/watch?v=04huKlH3eeA
VIERNES 13 – 18.00H
El Telón (Arxentina): “De marineros y piratas”
Título do espectáculo: De marineros y piratas
Nome da compañía: El Telón
Idades recomendadas: Todos os públicos
Duración: 50 minutos
Técnica: luvas
Idioma: castelán
Sinopse: Baltasar chega canso e sen o seu camelo. Trae unha pesada bolsa ao ombreiro, chea de xoguetes. Aproveita que ten compañía, o respectable público, para descansar un pouco e ir tomar auga. Non sabe que un pirata está moi preto e axéxao, disposto a quedar con esa bolsa. Por sorte o rei conta cos nenos e nenas, e un pequeno mariñeiro, que o axudarán a que todo termine ben. Acompaña o espectáculo o Pallaso presentador, que participa activamente co público en distintas probas de malabarismos, bailes etc.
https://www.youtube.com/watch?v=KRVGn8Q5DeA
---------------------------------
SÁBADO 14 – 18.00H
TEATRO DE CARMEN Y LA MAR DE MARIONETAS (Murcia-Madrid) "La senda del agua"
Título do espectáculo: La senda del agua
Nome da compañía: Teatro de Carmen y La Mar de Marionetas
Idades recomendadas: A partir de 6 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: Marionetas e obxectos
Idioma: castelán
Sinopse: Espectáculo teatral de obxectos e marionetas que narra a visión dun rei medieval do século XII a través da técnica do Pop-up. Así se poden despregar os escenarios medievais da ilusión histórica da protagonista desta historia. No silencio e a soidade do museo, unha traballadora do servizo de limpeza atopa a maqueta dun castelo que utiliza o persoal do museo para «animar» as visitas guiadas. Ao quitar o po a unha vasilla, escoita unha estraña risa. Pareceulle oír os ronquidos do vixiante durmido na torre, o rincho do cabalo do xinete que se achega desde a montaña. Escoita o batuxar dos seus propios pés no chan do museo e entón o río da maqueta aparece cheo de auga. Deste xeito, a auga, fonte de vida, relátanos a senda que percorreu para sustentar a florecente cultura medieval do «Rey Lobo» do Século XII. A senda da auga é tamén a narración da creación do sistema de rega e xestión da auga que produciu en España os verxeis e o desenvolvemento no ámbito político, artístico-cultural e social dun territorio medieval, símbolo do «encontro das tres culturas».
https://www.youtube.com/watch?v=UzxJm5-Ltw0
DOMINGO 15 – 12.00H
ARRIBA LAS HU! MANOS (Chile) "Un botón en mi cabeza"
Título do espectáculo: Un botón en mi cabeza
Nome da compañía: Arriba las Hu! Manos
Idades recomendadas: A partir de 3 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: luvas
Idioma: castelán
Sinopse: Un botón vermello asoma da cabeza de Clott, que o fai obxecto de intrigas, desexos e convérteo nun neno diferente. Co seu avó e a súa irmá viven tranquilos no campo, coidando e amando a natureza, pero de súpeto vense obrigados a trasladarse á Cidade. Un misterioso personaxe está demasiado interesado no botón de Clott. Ofrécelle de todo a cambio: diñeiro, un coche último modelo e ata unha nave espacial para chegar a outros mundos. Clott comezará a ver no seu botón un poder insospeitado.
https://www.youtube.com/watch?v=Nl_nWzGDn-g
No hay comentarios:
Publicar un comentario