SALA GURUGU
PRESENTA
NÓ
ELAHOOD | Compañía de danza
Miercoles 22 DE DECEMBRO (Día do espectáculo)
1º pase - 13h
2º pase - 20h
CANCELADO POR MOTIVOS MEDICOS
“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é” esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea en co-produción co Centro Coreográfico Galego | Agadic.
O proxecto NÓ lanza unha mensaxe contradictoria e anima aos públicos a descifrala por elxs mesmxs. Mentres a compañía afirma “non ter nada importante que dicir”, na súa peza vense mensaxes rotundas que atenden ás necesidades e carencias da situación socio-económica actual. A precaridade laboral, a identidade de xénero ou as novas tecnoloxías, son algunhas das temáticas polas que transita a peza, unha dramaturxia que se achega aos discursos que ocupan o debate actual, anticipando unha ruptura cunhas formas de facer preestablecidas.
O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada que atende a unha musicalidade concreta. A compañía continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto, a voz e a ironía.
Onde reside a importancia do importante?
Debemos subirnos a un escenario sempre coa resposabilidade de defender un discurso?
NÓ é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se rinden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.
SINOPSE
Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é.
REDES SOCIAIS E WEB DA COMPAÑÍA
Facebook: https://www.facebook.com/elahoodance
Instagram: https://www.instagram.com/elahoodance/
Las Reservas se solicitan en la compañia
No hay comentarios:
Publicar un comentario