SALA GURUGU
FESTIVAL ESCENA MULLER
Bos días
fem 2018 , Festival escena muller, chega á última semana da súa 2ª edición. Un Festival en feminino organizado pola Asociación EXEMPLA e financiado polo programa #CulturaDeBarrio do Concello da Coruña.
Esta semana conta coa presenza dalgunhas das mais novas e veteranas representantes da acción en feminino da cidae (gañadora de Gran hermano 09, poetisas e performers, creadora plástica) , unha semana coas seguintes accións :
EXPOSICIÓN : MARIBEL VALDIVIESO
Exposición fotografica no hall da Sala
Artista multidisciplinar que dende a súa mirada amósanos como o obxecto cobra vida para facernos sentir a historia que viviu . A súa formación autodidacta e en todas as disciplinas plásticas converten a Maribel Valdivieso nunha desas grandes artistas que son invisibles para o espectador convencional.
Clausura: Dia | 211Novembro Hora | 20:00 Lugar | Sala Gurugú (Agra Orzán 3)

EN COMÚN : JUDIT IGLESIAS
Socióloga, sexóloga, escritora, guionista e presentadora (ademais de gañadora do Gran Hermano 9)
A súa análise da sexualidade e sociedade será o eixo sobre o que exporá unha análise social en feminino
Día | 22 Novembro Hora | 20:00 Lugar | Sala Gurugú
ESCENA : ALDAOLADO “Con 10 poemas por barba”
O dúo, formado por Lucía Aldao e María Lado, ofrece un recital no que se mezclarán poesía, comedia e música en directo.
'Con dez poemas por barba'pretende chamar a atención de quen mira a poesía de reollo. Porque para Lucía Aldao e María Lado a lectura de poesía non pode ser algo que durma ao espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno , dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademáis un papel activo.
Direccion e Intérpretes: Lucia Aldao e Maria Lado
Dia | 23 de Novembro Hora | 21:00 Lugar | Sala Gurugú (Agra Orzán 3)
FEM contou con exposición fotografica, mostra audiovisual e espectáculos , coa presenza de fotografas, literatas, actrices e creadora audiovisual introducindo os seus traballos e explicando as súas derivas. Onde as artes escénicas, audiovisuais e literarias fan presente a mirada feminina para o espectador . Exporá a mirada e os atrancos das mulleres nunha sociedade masculina, na procura de concienciar nun camiño cara a igualdade.
ENTRADA GRATUITA
INVITACIONES :SALAGURUGU@GMAIL.COM
No hay comentarios:
Publicar un comentario