Sala Gurugu
informa
FEM
Festival Escena Muller
NOVIEMBRE
#Barrio do Agra do Orzan
FEM 2018 , Festival escena muller, chega á súa 2ª edición. Un Festival en feminino organizado pola Asociación EXEMPLA e financiado polo
programa #CulturaDeBarrio do Concello da Coruña. Desenvolverá as súas accións os xoves e venres do mes de Novembro no barrio Agra do
Orzán.
FEM contará con exposicións fotograficas, mostras audiovisuais e espectáculos , coa presenza de fotografas, literatas, actrices e creadoras
audiovisuais introducindo os seus traballos e explicando as súas derivas. Onde as artes escénicas, audiovisuais e literarias fan presente a mirada
feminina para o espectador . Exporá a mirada e os atrancos das mulleres nunha sociedade masculina, na procura de concienciar nun camiño cara
a igualdade.
FEM propón a dinamización do Barrio da Agra do Orzán, presentando as accións propias o Festival en diferentes espazos socioculturais da zona,
(AAVV Agra Orzán, Livraría Suevia, Sala Gurugú) facendo emerxer onde a escrita, a acción social e a acción ecénica fecunden unha acción social
de sororidade para coas mulleres.
Todalas actividades teñen carácter Gratuito
Confirmacion de participacion nos eventos no email: salagurugu@gmail.com
Patrocinado polo Concello da Coruña concellalia de culturas #culturadebarrio Organizado pola asociacion sociocultural das artes EXEMPLA
Entidades colaboradoras (AAVV Agra Orzán, Livraría Suevia, Sala Gurugú)
No hay comentarios:
Publicar un comentario