Que
pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?
Que
acontecería se a madrastra de Branca de Neve se convertise nun dos
tres porquiños cada vez que se mira no espello?
A
resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo
espectáculo para bibliotecas de Elefante Elegante .
Nesta
ocasión, Gonçalo Guerreiro mistura os
contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o
cómico e o poético co teatro xestual e a música.
Un
espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran
vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos para
escoitar as súas historias. Unha casa que se irá construíndo
diante dos seus propios ollos a medida que se narran as novas
aventuras dos personaxes de sempre .
Destinado
ao público infantil entre os 3 e 8 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario