SALA GURUGÚ
comenza o
V FESTIVAL
INTERNACIONAL DE tITERES A CORUÑA
extension galicreques
DO 6 AO 29 DE OUTUBRO
A CORUÑA
SALA GURUGÚ
Sábado 7 de Outubro 18,30 h. A partir dos 6 anos.
TITERES TANXARINA (GALICIA ):“As Bombas e o Xeneral ”
TÉCNICA: Siluetas animadas. Títeres de bara e animación musical.
DURACIÓN: 45 minutos
PÚBLICO: Infantil/familiar. A partir dos 6 anos.
SINOPSE: “As bombas e o xeneral” é un espectáculo onde recreamos con siluetas animadas música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O seu xefe verá frustradas as súas intencións.
Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias. Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentamos os efectos debastadores dunha guerra.
Domingo 8 de Outubro 12,30 h.
TITERES CACHIRULO GALICIA :Cu-cú, tas-tás ( bebés)
Cu-cú, tas-tás, co revés imos xogar. Conceptos sinxelos de opostos.
Espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa.
Cucú Tastás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir cheo-baleiro, arriba-abaixo, preto-lonxe, pequeno-grande...
E a súa familia e amigos van axudalo a aprender
INFO :616701099
RESERVAS SALAGURUGU@GMAIL.COM
No hay comentarios:
Publicar un comentario