Sala Gurugú
presenta
A Illa dos Nenos "O Mago Paco"
"Ledicias"
Sábado 18 Abril a las 18,30. Domingo 19 Abril a las 12,30.
Este
espectáculo está baseado na maxia infantil, no que O
Mago Paco fainos
un percorrido polos seus mellores xogos de maxia cos que pretenderá
sumerxir a todo o público no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e
sorrisos.
"LEDICIAS" é un espectáculo versatil, aberto e adaptado a calquer espazo de representación.
Está guiado por unha peculiar personaxe "O Mago Paco"
que fai de cada xogo un momento diferente, nos que @s nen@s son os
verdadeiros protagonistas; creando así un espectáculo propio dunha mente
infantil: aluocado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.
"LEDICIAS" é un espéctáculo pensado
para @s nen@s, creado pol@s nen@s e no que desfruta toda a familia.
El sábado por la mañana se realizara un curso de Magia para las familias de hora y media por un costo de 8 euros por familia (estecurso esta subvencionado por asociación scdas artes escenicas
" Exempla"
A compañía A illa d@s nen@s creouse no ano 2007 como froito
dunha vocación cara o mundo da cultura teatral, apoiada por un traballo previo
de moitos anos na educación e animación infantil.
Esta compañía caracterízase pola fusión da maxía e o teatro
enriba dos escenarios, e por unha especial inclinación hacia o entretenemento
do público infantil.

Francisco Otero, O Mago Paco, é a outra parte do equipo. Aos
10 anos regaláronlle un xogo de maxia ó que non lle fixo moito caso pero 12
anos despois, ese mesmo xogo foi o desencadeante da súa vocación polo mundo do
teatro e a maxia. Converteuse nun mago case sen sabelo a raíz das súas
experiencias como animador infantil, mundo que lle segue fascinando. Grazas a
esto formou o seu propio Clube de Maxia Infantil , e imparte clases a nen@s
dende os 6 ós 12 anos, traballo que lle aporta un punto de vista moi cercano o
seu público favorito (@s nen@s). Na súa traxectoria formouse con cursos de
teatro, maxia cómica e clwon (unha disciplina que lle apaixona) para poder
conseguir así converterse no profesional de diversas artes escénicas que é hoxe
en día. Ten unha gran experiencia como constructor de escenografías é
monicreques.
www.ailladosnenos.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario