Ciclo de Teatro Pequeno Formato Sala Gurugu 14 de decembro ás 20.30
Teatro do Noroeste presenta
A TIXOLA POLO MANGO (MULLER, NON É PARA TANTO) | |
Lola Correa | |
Monólogo gastronómico de consecuencias imprevisibles. | |
Luma Gómez (01.- Actriz) · Equipo Taetro (02.- Escenografía e indumentaria) · Roberto Taboada(03.- Selección musical) · Tino Viz (04.- Fotografía) · Eva Alonso (05.- Asistente de produción) ·Eduardo Alonso (06.- Iluminación e dirección) | |
MONÓLOGO GASTRONÓMICO DE CONSECUENCIAS IMPREVISIBLES "A tixola polo mango (Muller, non é para tanto)" é un monólogo no que se sente a rabia feminina sen case que apreciala, sutilmente. A actriz mantén co público unha distancia prudente, pero íntima. Ela faise querer, é un ser aparentemente nobre, unha desas mulleres con ideas doutra época e das que todos temos algunha referencia persoal, ela podería ser aquela tía lonxana, a nosa curmá a solteirona, a nosa aboa ou mesmo a nosa nai. O seu discurso encerra algo doutro tempo e, tamén, algo de verdadeira revolución feminina. Si elas tiveran o que nós, ¿que pasaría? Se elas puidesen ligar por internet, saír ate as tantas, ¿estaríamos nós, os seus fillos, aquí...? Elas asimilaron a familia como concepto, o home como estandarte e a casa como bandeira. Pero, ás veces, hai que dicir: “¡Basta!” Que boca tan grande tes! É, para comerte mellor. |
Reserva de entradas no telefono 616701099.o na Sala
Video do espectáculo no seguinte enlace:
http://www.teatrodonoroeste.com/obra_g.php?idObra=28
No hay comentarios:
Publicar un comentario