MASTER CLASS de QUICO CADAVAL
"NEGRO ISMAEL"
!!!!! Comezamos a programación do curso 2012/2013 !!!!!!
Clase aberta sobre o espectáculo de Quico Cadaval
"Negro Ismael"
Realizarase na Sala Gurugú ás 12,30 do Sábado 22 de Septembro.A participacion é gratuita.Organiza ASCAE EXEMPLA,Danthea Teatro,Produccións Excentricas.Colabora o Concello da Coruña e a Deputación da Coruña.O Espectáculo Representarase no teatro Colón da Coruña
“Negro Ismael” é a historia máis singular das que compoñen o repertorio de Quico
Cadaval.
Nacida nunha taberna da Ría de Arousa no
século pasado leva percorrendo o mundo nos últimos 15 anos. Cadaval presentou “Negro
Ismael” nos festivais de Buga, Bucaramanga, Almada, Guadalajara e Beja.
Protagonizado pola figura brillante, inocente,
violenta e romántica de Ismael o Negro, o relato tamén mostra a grea portuaria
daqueles anos. Estribadores, camionistas, prostitutas, policías, desertores do
arado, pedreiros, mecánicos, libreiras e un meniño miope que o observou todo.
“Negro Ismael” é un exercicio de memoria no que Cadaval sai para o palco sen un texto
previo, acompañado únicamente polas fantasmas da súa historia e as sombras dos
espectadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario