Este Xoves, ás 20:15 horas, a Sala Gurugú acolle a presentación do proxecto cinematográfico "9 ONDAS", coa presenza do seu director e guionista SIMONE SAIBENE, o periodista MONCHO CONDE-CORBAL, director de Elcercano.com, a actriz do reparto ISABEL MARTÍNEZ-RISCO, e máis o crítico e programador de cine JOSE MANUEL SANDE.
Explicarannos, entre outras cosas, como se xesta este singular proxecto colectivo e as particularidades do seu modelo de coproducción e financiación, baseado en 3 fórmulas distintas de accionariado ou participación individual, alonxadas dos habituais patrocinios ou mecenazgos.
Tamén nos mostrarán, coa proxección dun making off, un avance do filme, localizacións e banda sonora, e nos contarán o enfoque da "identidade" arredor do que xira a historia, e máis como participar tanto no seguimento das súas diferentes fases, como na posterior difusión en rede e diversos espazos físicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario