SALA GURUGU
presenta a
Danthea Teatro y K^Paparota en
Verán na lavanderia
A compañía K´Paparota e Danthea Teatro traen a escena Verán na lavandería, unha peza de creación propia.
Dirixida a público familiar, a partir de 3 anos.
Sinopse
Na cidade costeira da Lavandería, onde o sol do verán brilla sobre as ondas, unha nena disponse a facer a coada pero descobre que a lavadora está avariada, no seu interior atopa un misterio inesperado. Guiada pola súa curiosidade, comeza a seguir as pistas que a levan ata o mar. Alí, a través dunha enigmática bolsa de plástico, atopa diferentes animais que lle dan a chave para desvelar unha historia sorprendente que vai máis aló do que imaxinaba.
Verán na Lavandería é unha obra chea de esperanza que convida a escoitar as voces do océano e os seus habitantes.
Ficha artística:
Co-produción de Danthea e K
´paparota teatro. Idea orixinal: Patricia Cameán
Elenco: Patricia Cameán
Espazo escénico: Patricia Caméan e Carlos Clemente
Espazo sonoro: Varios compositores
Iluminación :Carlos Clemente
Direccción :Carlos Clemente
Fotografía: BeaWherever
Duración: 40-45 minutos
Idioma: galego
reservas : 616701099
https://www.youtube.com/watch?v=WYyhPyxKFxIç
No hay comentarios:
Publicar un comentario