sala
Gurugú
presenta
AANTENA
NAUFRAXIOS
8,15,22,29 ÁS 20.30.h.
o espectáculo Naufraxios os mortos voltan á vida para nos
contaren que foi o que lles pasou, eles viven nun lugar sen tempo, mais saben
que ese lugar os ten atrapados.
Os actores e actrices dan “vida” a esas persoas que pasaron
por alí, esas vidas anónimas que foron poboando o lugar do seu contido máxico
.Unha viaxe a un tempo e un espazo onde quedaron os sentimentos desas vidas que
marcharon. Lugares que foron tildados como “malditos” mais realmente foron
espazos de acollida de vidas que marcharon. Sitios que quedaron impregnados
pola traxedia.
Un espectáculo teatral de memoria da Costa Da Morte con
música en directo.
Elenco: Alicia Baña, Bernardino Martinez, Tamara Mouzo,
Antonio Miranda, Klaus Martínez (músico)
Dramaturxia: Bernardino Martínez
Direccion: Xosé Leis
sala
Gurugú
presenta
Viravolta títeres
“A regadora do asubiote”.
Sábado, 9 de setembro ás 19,00 e
domingo, 10 ás 12,00; 16,00 e 19,00
O vindeiro sábado día 9 de setembro a compañía
Viravolta títeres inicia a súa xira de outono presentando na sala Gurugú de A
Coruña o seu último espectáculo “A regadora do asubiote”. Este espectáculo de
teatro de títeres producido cunha axuda da AGADIC está baseado nas versións
recollidas en galego do conto que en castelán chaman “La niña que riega la
albahaca” e que serviu a Federico García Lorca para facer un espectáculo familiar
de títeres xunto con Manuel de Falla e Hermenegildo Lanz, desta experiencia da
noite de Reis do ano 1923 cumpríronse neste 100 anos e Viravolta quixo facer
esta súa versión como homenaxe a unha data tan destacada para a historia do
teatro de títeres no estado español.
Este espectáculo no que a filla pequena do
xastre demostra ser moito máis lista que o vaidoso príncipe principal
desenvólvese nunha escenografía cambiante con títeres de distintas técnicas e
recreacións de xoguetes tradicionais e con música en directo.

Esta proposta escénica ten a súa orixe na “oralidade”, tres contos “clásicos populares” relatados en milleiras de ocasións en distintos tempos e espazos, por voces de distintos lugares e de distintas culturas-
Unha nena decididamente activa, burlona e inxeniosa e un príncipe bulrón, son o eixo común destres tres contos contos extraídos da cultura universal pero con destacadas versións en galego tanto de Galicia como do Bierzo, e con distintos nomes (A mata de alfabaca, A pastora e o fillo do rei, Flore e Flora, A regadora do asubiote, as fillas do sastre…) a protagonista é unha nena que co seu inxenio pon no seu lugar a un príncipe bulrón e certamente un pouco rancoroso.
Info:
Viravolta Títeres: https://viravoltatiteres.wordpress.com/about/
A regadora do asubiote: https://viravoltatiteres.wordpress.com/espectaculos/a-regadora-do-asubiote/
Onde: Sala Gurugú (enderezo)
Cando: Sábado, 9 de setembro ás 19,00 e
domingo, 10 ás 12,00; 16,00 e 19,00
video espectaculo
https://youtu.be/vqFGae8cWGI