miércoles, 18 de mayo de 2016

sala Gurugu presenta a Caxoto en "O berce das verbas (contos para bebés)" sabado 21 de Maio ás 18,30 Domingo 22 de Mayo ás 12,30





Sala Gurugu 


presenta 

a Caxoto 

en 

"O berce das verbas
 (contos para bebés)"

sabado 21 de Maio ás 18,30
Domingo 22 de Mayo ás 12,30 



:
 Un espectáculo visual musical  dirixido ás bebes de 0 a 4 aniños. Contos, cantigas, música, moita imaxinación e a complicidade das nais e pais.


 Neste espectáculo Caxoto Contacontos fai acopio dos seus mellores recursos habituais para estruturar unha sesión na que se compaxina a imaxe, a voz, a música en directo, a fantasía, ... Un espectáculo no que a partires da palabra se inundarán os nosos sentidos de sensacións, imaxes e emocións. Arredor dos cantos de berce iremos abordando historias e xogos nos que participar tanto o público infantil como os seus proxenitores. Historias de ratiños que se acubillan no colo da lúa, longas xuntanzas onde se decide quen será o rei (ou raíña) dos animais, a primeira vez que unha nena ve o mar e sinte as areas escorregar entre os seus dediños miúdos. Un paseo polos momentos previos ó sono e ós soños que rematará nun tenro canto de berce colectivo ó son do bambeo das olas do mar. 


QUE ATOPAREMOS NESTE ESPETÁCULO:

 Nesta proposta acudimos á musica como ferramenta para crear e recrear un espazo suxerinte no que presentar tres pequenas historias que serán a delicia de meniñas e meniños. Dentro desta viaxe daremos un pequeno paseo espacial pola lúa, acudiremos a unha xuntanza de animais onde o lobo debate coas ovellas e os raposos razoan coas galiñas. Remataremos a viaxe nunha incursión á praia onde a través da música e das palabras sentiremos a brisa mariña, o tacto da area baixo os nosos pés e os sons dos barcos atados nun peirao. Para esta viaxe contaremos cun bo número de instrumentos musicais que serán tocados en directo: a frauta doce, as maracas, o birimbao, a frauta de nariz, as claves, o triángulo, o güiro, ... Para rematar gravaremos en directo unha doce melodía que acompañará a un canto de berce colectivo co que nais, pais, meniños e meniñas despedirán este espectáculo. 

Caxoto Contacontos é unha caste de viaxeiro a medio camiño entre un avó despistado e un neno abraiado. Tras moitos kilometros camiñando, escoitando e observando acumula unha reserva de lugares, imaxes, sons e personaxes que bulen pola súa cabeza á busca de alguén que teña as mesmas gañas de abraiarse que el. A súa voz sonora e profunda recolle moitas outras voces que a imaxinación e a fantasía saben reter: a voz da ledicia, a voz da aventura, a voz do temible, a voz da experiencia, a voz da broma, a voz do lonxano, a voz do misterio, .... Pero Caxoto Contacontos non só é voz senón que tamén é imaxe, e música, e movemento, .................e horas que pasan voando. 

miércoles, 11 de mayo de 2016

Celebración das letras galegas sala Gurugu e o Clube de Teatro Elsinor 16 de Maio ás 20.00 h.

Celebración  das letras galegas 

sala Gurugu e o Clube de Teatro Elsinor

16 de Maio ás 20.00 h.

organizan 

CLUBE TEATRAL ELSINOR

 presenta 

"XENTE DE PÁLIDA PEL "

Con Cristina Fuentes, Manuel Lourenzo Carme Martínez, Xosé Martínez, Xulia Miguel 



Despois do espectáculo haberá unha  charla- coloquio :

impartida e dirixida por 

Manolo Lourenzo 
(premio Nacional de teatro )





"Das Irmandandes da fala ao teatro independente. Repaso polo teatro galego entre os anos 20 e 80 do século pasado."

lunes, 9 de mayo de 2016

Sala Gurugú presenta KATARSIS "PACAMA " SABADO14 de Maio L 18:30 Y DOMINGO 15 de Maio A LAS 12:30.

a sala Gurugú

informa 

debido a problemas de calendario suspendese a función do espectáculo
  CINCENTA de Danthea Teatro 
ata setembro no seu lugar repoñese o espectáculo de
KATARSIS  "PACAMA " 
debido a demanda que houbo quedando moito público sen poder asistir polo que por xentileza da compañia deciden voltar a ofrecernos este singular divertido e entrañable  espectáculo .   


KATARSIS  

"PACAMA " 

teatro para bebes 

(de 6 meses a cuatro años )


 A Coruña! Sala Gurugú SABADO14 de Maio L 18:30 Y DOMINGO 15 de Maio  A LAS 12:30.




Una exploración de juegos entre dos amigos que antes de dormir 
descurbren un mundo de aventuras que les distrae del sueño.







miércoles, 4 de mayo de 2016

Sala GURUGÚ Presenta a estrea de DO ESPECTÁCULO INFANTIL "XIGANTE" DE ELEFANTE ELEGANTE SABADO : 7 de Mayo ás 18,30 DOMINGO : 8 de Mayo ás 12,30

Sala GURUGÚ


Presenta 

a estrea de

DO ESPECTÁCULO INFANTIL 

"XIGANTE"


DE 

ELEFANTE ELEGANTE 

SABADO : 7 de Mayo ás 18,30 
DOMINGO : 8 de Mayo ás 12,30
edades a partir  3 años 


INTRO
O Xigante é unha homenaxe ao libro, á lectura e á biblioteca. A narración oral é acompañada polo teatro xestual e pola constante presenza da música. O Xigante é unha historia na que conviven o cómico e o poético; a forza da palabra e a elocuencia do xesto; a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo escenográfico.







SINOPSE
Hai moito, moito tempo, nun reino distante, un home decidiu facer unha viaxe. Camiñou, camiñou, camiñou... ata que atopou un xardín marabilloso e alí decidiu quedarse. Pero certo día apareceu un Xigante que quería o xardín só para el. O home que un día decidiu facer unha viaxe, escapando do Xigante atopou unha árbore moi especial. Das súas polas nacían follas, flores, froitos... e libros, moitos libros. O home decidiu ficar naquel lugar para sempre!


miércoles, 27 de abril de 2016

Sala Gurugú presenta a Caramuxo Teatro premio Maria Casares 2016 al Teatro infantil en " ZAPATOS " Espectáculo para bebes Sábado 30 de Abril ás 18,30 H. Domingo 1 de Mayo ás 12,30

Sala Gurugú


 presenta 

 Caramuxo Teatro

premio Maria Casares 2016 al Teatro infantil

en 

" ZAPATOS " 

Espectáculo para bebes

    Espectáculo recomendado na Rede Nacional de Teatros.

Sábado 30 de Abril ás 18,30 H.
Domingo 1 de Mayo ás 12,30




¿Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darllea a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. " Zapatos" narra tódalas historias, que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Duración: 30 minutos 
Idade recomendada: De 1 a 4 anos.
Aforo: Limitado a    65    espectadores por pase.

             
           Espectáculo recomendado na Rede Nacional de Teatros.

Reservas en

salagurugu@gmail.com



             
           Espectáculo recomendado na Rede Nacional de Teatro

martes, 19 de abril de 2016

Sala Gurugú Presenta a Os Contos de Pablisimo co espectáculo "MANS" Sábado 23 as 18,30 Domingo 24 as 12,30


Sala Gurugú
Presenta 
Os Contos de Pablisimo

co espectáculo 


"MANS"  


Sábado 23  as 18,30 
Domingo 24  as 12,30 







"MANS"
Un orixinal espectáculo onde as mans non pararán de falar.

Mans é un espectáculo de teatro,monicreques e narración oral onde as historias se contan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.

Contos populares,contos de creación propia, fábulas e xogos cas mans…son dramatizados con sombras chinesas, monicreques, luvas.. e moita imaxinación ¡!


Duración 40 min
Idades Recomendadas: familiar, de 3 a 9 anos

http://www.pablisimo.es/


martes, 12 de abril de 2016

Sala Gurugú Trinke Trinke "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berengela " Sábado 16 de Abril ás 18,30 h. Domingo 17 ás 12,30 e 18,30 h.

Sala Gurugú 

presenta 
a estrea de 

Trinke Trinke 


"Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berengela "

Sábado 16 de Abril ás 18,30 h.
Domingo 17  ás 12,30 e 18,30 h.





Homenaxeando a Manuel María. Coa gran Lilí Gruyére (Vanessa Rivas) e Pablo Sánchez.
Música orixinal de Fernando Alonso. Dirección: David Pernas.



RESERVAS :SALAGURUGU@GMAIL.COM