lunes, 26 de enero de 2015

Sala Gurugu ten o pracer de Presentar de novo con nós a..... Caramuxo Teatro na sua estrea mundial do seu novo espectaculo "FEO" sabado 31 de xaneiro ás 18,30 e domingo 1 de febreiro ás 12,30 e as 18,30

Sala Gurugu

 ten o pracer de  Presentar de novo con nós a.....

Caramuxo Teatro

 na sua estrea mundial do seu novo espectaculo 

"FEO"


sabado  31 de xaneiro ás 18,30 
e domingo 1 de febreiro ás 12,30 e as 18,30

para rapaces a partir de 3 anos 



CARAMUXO TEATRO PRESENTA "FEO" UN ESPECTÁCULO DE PEQUENO FORMATO
INSPIRADO EN "O PARRULO FEO" DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN.A PEQUENA
FÁBRICA DE PARRULOS DE GOMA PRODUCE TÓDOLOS DÍAS CENTOS E CENTOS DE
PARRULOS DO MESMO TAMAÑO E COR, MAIS UN DÍA SAE UN PARRULO DIFERENTE...
FEO! É UN CANTO Á DIVERSIDADE E Á ESENCIA DE UN MESMO, UNHA COMEDIA PARA
TODA A FAMILIA.

martes, 20 de enero de 2015

A Sala Gurugu Presenta a sua compañia residente Danthea Teatro en AMADU "O Salvador dos Seus" domingo 25 de Enero Actuacion Solidaria





A Sala Gurugu 

Presenta  a sua 

compañia residente

 Danthea Teatro

en AMADU "O Salvador dos Seus

Este domingo 25 de Enero a las 18,30, una oportunidad para colaborar con Ecodesarrollo Gaia Coruña Senegal ONG a través de una función de teatro solidaria con la obra AMADU "O Salvador dos Seus", un relato infantil basado en leyendas africanas, a cargo de Danthea Teatro.


sinopse:

“Esta é a historia dun neno chamado Amadú, que vive nunha aldea de África.
Amadú fala no ventre da súa nai. A nai cóntalle que hai unha bruxa que enfeitiza e ten poderes máxicos e que devora a todos os homes que van loitar contra ela. Entón, o pequeno Amadú emprende unha viaxe chea de perigos e aventuras ata chegar á Montaña máxica, onde un mago lle desvelará o segredo da bruxa. Conseguirá Amadú que a bruxa volva ser boa?

edad a partir de tres anos
AFORO LIMITADO 
RESERVAS EN 616701099

Donativo entrada 6 €


Repato:
Roberto Vilariño
Carlos Martin
Anxo Rodriguez
Carlos Clemente
Tecnico de Luces
Guillermo Martinez Rey
Producción asesora  pedagóxica e linguistica:
Begoña Rosende Vázquez
Autor e dirección:
Carlos Clemente Martínez Gallego.
Begoña Rosende Vázquez


CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS NECESARIAS

MEDIDAS MINIMAS del escenario
Ancho: 4 metros
Alto: 3,00 metros
Fondo: 4 metros
Potencia de luz:
3000w
Potencia de son:
2000w
Outras necesidades:
camara negra

focos
2 focos de 650 W
Dos camerinos minimo para 4 personas
Plano:
Non dispoñible
Tempo (montaxe):
3 horas
Persoal necesario (montaxe): Persoal necesario (desmontaxe):
un electrico
dos tramoyas-
Tempo (desmontaxe): 2 horas

Plano:
Non dispoñible
Tempo (montaxe):
4 horas
Persoal necesario (montaxe): Persoal necesario (desmontaxe):
un electrico
dos tramoyas-
Tempo (desmontaxe): 2 horas

BREVE HISTORIAL DA COMPAÑÍA

Compañia de monicreques e teatro fundada no ano 1982

DANTHEA TEATRO .Compañia de Teatro fundada 1982 por Carlos Clemente Martinez Gallego e Rosa Rey Pousada  e refundada en 2006 por Begonha Rosende Vázquez (Gurugú Produccións sl). Creada para a divulgación do teatro e dos titeres galegos realízase coa combinación da formación academica completa sobre as artes escénicas ,como da producción de espectáculos populares e de vangarda desenrolados na nosa escola”Escola de Expresión Rítmica e Dramática”. Hoxe en día debido a noso  crecemento obríganos albergar unha asociación cultural chamada “EXEMPLA”, asi como novas compañias que formanse na nosa escola como “Gabarra Teatro” e o próximo espazo Audiovisual. Isto obriganos a ter un espacio escénico con unha programación permanente que pronto se fará realidade coa apertura do novo local social na cidade da Coruña na rua Agra do Orzan.

Sinopse
Esta é a historia dun neno chamado Amadú, que vive nunha aldea de África.
Amadú fala no ventre da súa nai. A nai cóntalle que hai unha bruxa que enfeitiza e ten poderes máxicos e que devora a todos os homes que van loitar contra ela. Entón, o pequeno Amadú emprende unha viaxe chea de perigos e aventuras ata chegar á Montaña máxica, onde un mago lle desvelará o segredo da bruxa. Conseguirá Amadú que a bruxa volva ser boa?








domingo, 11 de enero de 2015

Sala Gurugú presenta a Mircromina o 17 e 18 de Xaneiro en "Cinco historias para unha man"

Comeza a tempada de

 Teatro en Familia na 

Sala Gurugu 

visitanos este Finde de semana dia 17 ás 18.30 e o dia 18 ás 12,30 da mañan

Mircromina titeres

"5 Historias para unha man"

 

espectáculo virtuoso de titeres de  mano "luva"

sinopse:
"5 Historias para unha man" un espectáculo cheo de poesía e sen palabras, capaz de conectar tanto con nenos como cos maiores. Todos nos sentimos identificados cos personaxes e as suas inquedanzas. "A pingueira", "Historia con frores", "O soño", "O impo" e como fío conductor "as mans" que certamento son a ialma dos títeres.

 para rapaces a partir de 4 anos

 

enlace video

http://www.galescena.info/index.php?sec=companhias&ap=ver_video&id_video=4784&open=1&iframe=1&width=650&height=450 

 


miércoles, 31 de diciembre de 2014

A Sala Gurugú lles desexa Feliz Ano 2015

 

A Sala Gurugú 

lles desexa

Feliz Ano 2015


 Nos Proximos días anunciaremos a nova programacion do primeiro semestre do 2015 ata moi pronto .....


martes, 16 de diciembre de 2014

Sala Gurugu Presenta a Nelson Quinteiro en "Papiroflexias" 20 e 21 de Nadal


Sala Gurugu 

Presenta 
a
Nelson Quinteiro 
en 

PAPIROFLEXIAS. O Asteroide de papel!

Da man de Nelson Quinteiro  e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións  concebido para nenos e nenas de 5 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato  transfondo ecolóxico.
SIPNOSE:
Máis alá das estrelas... e onde os telescopios non dan chegado case a mirar existe un pequeno asteroide onde todo é de papel.
Os habitantes deste planeta dano en chamar PAPIROFLEXIAS, aínda que aquí, na Terra, é máis coñecido como Asteriode B 614.
O seus pequenos habitante, dous principiños chamados Julius e Augustus teñen un grande corazón, tamén de papel.
Guiados por unha bandada de grullas de papel percorren moitos planetas ata chegar ó planeta Terra, onde descubren que aqui, para facer papel hai que talar árbores. 
É entón que emprenderán unha viaxe por vilas, pobos e cidades co obxectivo de transmitir ós máis cativos unha importante mensaxe:
Aproveitar ó máximo o uso do papel, Reducir, Reciclar, Reutilizar, e o que é máis importante: XOGAR!

Obra/Espectáculo: PAPIROFLEXIAS!
Autor: Nelson Quinteiro - Koldobika Gomila
Dirección: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Escenografía: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Deseño iluminación: Nelson Quinteiro
Vestiario: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Coreografía: Nelson Quinteiro, Iván Villar e Ademar Silvoso
Espectáculo en lingua galega: Si
Outros idiomas: Castelán e Inglés
Elenco artístico: Ademar Silvoso (Julius) e Nelson Quinteiro (Augustus)

para nenos e nenas de 5 a 12 anos
Sábado 20 de decembro: A CORUÑA. Sala Gurugú. ESTREA  ás 18,30 Horas 
Domingo 21 de decembro: A CORUÑA. Sala Gurugú.ás 18,30 Horas




viernes, 12 de diciembre de 2014

Sala Gurugu CONTOS DE SOBREMESA OS CONTOS DE PABLISIMO Sabado 13 Domingo 14


Sala Gurugu 

   CONTOS DE SOBREMESA

 OS CONTOS DE PABLISIMO 

Sabado 13 Domingo 14 ás 18,30 Horas






¡E incrible a cantidade de histórias que collen enriba dunha mesa!



As conversas máis interesantes, os segredos máis ocultos,as anécdotas máis divertidas adoitan contarse...sobre unha mesa.


  CoNTOS DE SOBREMESA é un espectáculo de narración oral, teatro de obxectos e bonecos baseado en contos, fábulas, retahílas, contos de nunca rematar e cantinelas.

DURACIÓN: 40 min
IDADES RECOMENDADAS: 4-9 anos

OS CONTOS DE PABLISIMO é una cía. especializada en contacontos, teatro de animación á lectura e teatro infantil. Os seus espectáculos de pequeño e mediano formato toman sempre como base a literatura infantil (contos clásicos,contemporáneos e de creación propia) a Tradición Oral e o Teatro.
Fundada no ano 2001, leva producidos máis de 20 espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo,teatro de sombras, video,narración oral,etc
Son sesións adaptables a calquera espazo e destinadas a rapaces de 4 a 9 anos.











lunes, 1 de diciembre de 2014

Sala Gurugu teatro en familia con para bebes (GLUB GLUB ) de Caramuxo Teatro 6 Y 7 de Nadal ás 5.30 y 6.30.

Sala Gurugu 

Presenta a

 Caramuxo Teatro en 

GLUB GLUB 

teatro en familia para bebes de Caramuxo Teatro

 6 Y 7 de Nadal  ás 5.30 y 6.30.  (dos pases Dia )





Un espectáculo para bebés de 6 meses a 3 anos.
Caramuxo teatro presenta o primeiro espectáculo de teatro para bebés que se realizou en Galicia. Unha montaxe para nenos de 6 meses a 3 anos acompañados por adultos. Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para disfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro.

Duración: 30 minutos.