SALA GURUGÚ
PRESENTA A
TITERES CACHIRULO
EN
Título: “Maruja Mallo. Metade anxo, metade marisco”
-sábado 21 marzo: 18,00 H.
-domingo 22 marzo: 12.00 H. 18.00 H.
-lunes 23 marzo: 11 00 H. ( pase escolar)
Sinopse:
Espectáculo de monicreques
dirixido a todos os públicos. Maruja Mallo móstranos algunhas das súas obras
por medio de varios sketches. Cada un ten a súa propia linguaxe, cunha técnica
de manipulación, materiais de construción e estilo narrativo propio. O humor, o
surrealismo e a poesía darán voz ás distintas historias.
Maruja Mallo foi unha pintora excepcional, un
referente na arte, como muller e como persoa comprometida coa sociedade do seu
tempo. Desafortunadamente, durante moitos anos foi silenciada e pensamos que
aínda hoxe non ocupa o lugar que merece no mundo do pensamento e das artes. O
seu legado para o desenvolvemento cultural é indiscutible. Facendo esta pequena
contribución, queremos que o público poida gozar da arte desta gran artista
galega.
Duración: 50 minutos
Idades recomendadas: A partir de 4 anos
RESERVAS WAP:616701099
SALAGURUGU@GMAIL.COM

