Programación Galicreques 2022
Sala Gurugú
Sábado 8 outubro - 18.00h
Teatro La Estrella (Valencia): “Caperucita y otros lobos”
Nome da compañía: Teatro La Estrella
Idades recomendadas: A partir de 2 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: marionetas de fíos e variñas
Idioma: castelán
Sinopse: As pallasas Cuchufleta e Pardaleta contan, xogan e introdúcennos nesta historia que se desenvolve nun pobo pequeno de montaña, onde, no inverno adoita nevar e cando chega o lobo, a todos fai tremer…
Este será o nexo de unión entre dous contos: “Carapuchiña Vermella” e “Pedro e o Lobo” que, nesta versión, mestúranse conseguindo achegar estes dous clásicos ao público infantil de forma divertida e sorprendente.
https://www.youtube.com/watch?v=EaNc9ycAhdI
Domingo 9 outubro - 12.30h
CORIOLIS (Uruguai) "Trapos"
Título do espectáculo: Trapos
Nome da compañía: Coriolis
Idades recomendadas: A partir de 5 anos
Duración: 45 minutos
Técnica: manipulación directa sobre mesa
Idioma: sen texto
Sinopse: Nun banco de praza, tres velliños e un can pasan o día. Durante un intre teñen lugar unha serie de conflitos sobre os costumes de cada un, o goce das pequenas cousas, os enfados, a amizade, o desgaste físico, a tolerancia, o humor, a música ou a soidade.
Pero un misterioso personaxe chegará inesperadamente e faralles reformularse moitos destes problemas sinxelos e cotiáns.
Venres 14 outubro - 18.00h
CORIOLIS (Uruguai) "Pasos largos"
Título do espectáculo: Pasos largos
Nome da compañía: Coriolis
Idades recomendadas: A partir de 12 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: Obxectos, manipulación directa e técnicas mixtas
Idioma: castelán
Sinopse: Unha muller e tres vestidos que se transforman en escena consignan tres pasos ─ tres momentos ─ na vida dun personaxe. Do poético ao humor acedo, a sensibilidade atravesa temas profundos e comúns, como a vida en parella, a vellez e os vínculos; a través dunha linguaxe orixinal que rompe o molde da comunicación tradicional.
https://www.youtube.com/watch?v=dIUBzV345x4
Sábado 15 outubro - 18.00h
ESPADA DE MADERA (Ecuador) "El mundo es un pañuelo"
Título do espectáculo: El mundo es un pañuelo
Nome da compañía: Espada de Madera
Idades recomendadas: A partir de 8 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: manipulación directa sobre mesa
Idioma: sen texto
Sinopse: "El mundo es un pañuelo” é un espectáculo de monicreques no que retrincos de tea e madeira, silencios, sons melodiosos, mans e rostros crean un espazo máxico que nos desvela o territorio no que os personaxes habitan. Catro historias nos presentan estes mundos cheos de tenrura: “Os soños de Ceferino”, “O Taller”, “ Pegaso” e “Metamorfose”.
Domingo 16 outubro - 12.30h
Hugo e Inés (Perú-Bosnia): “Miniaturas”
Título do espectáculo: Miniaturas
Nome da compañía: Hugo e Inés
Idades recomendadas: A partir de 7 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: monicreques automanipulados
Idioma: castelán
Sinopse: Con moi poucos elementos, Hugo e Inés van creando personaxes con partes do seu corpo. Coas mans, co embigo, co xeonllo, os pés… Nunca deixan de sorprender ao público. Coma se fosen arqueólogos de si mesmos, van descubrindo novos personaxes enterrados nalgunha remota parte do propio corpo. Estes personaxes, soñando talvez cun instante de protagonismo, irrompen impetuosamente coa súa propia alma e estilo. Sen esquecer os seus clásicos personaxes, como o músico rueiro feito co seu xeonllo, ou o realizado coa barriga, Hugo e Inés deléitannos con novos e inesperados monicreques corporais.
https://www.youtube.com/watch?v=0vpMPwefVNc&t=1s
NOTA .-
Las funciones escolares se pactan directamente con la sala seran por dias de semana del 8 al 23 de Octubre :En breve colgaremos las compañias ofertadas para escolares.