Sala Gurugú
presenta o
IX festival Internacional de títeres da coruña sala Gurugu extensión
GALICREQUES XXVI
en breve colgaremos la programación
del 9 al 30 de Octubre

IX Festival Internacional de Titeres da Coruña
Programación internacional extension Galicreques 2021 A CORUÑA
Sábado 9 Outubro –
18.00 h OCELOT TEATRO (El Salvador): “Historia de un huevo perdido” Título do espectáculo: Historia de un huevo perdido Nome da compañía: Ocelot Teatro Idades recomendadas: A partir de 3 anos Duración: 50 minutos Técnica: monicreques de luva Idioma: castelán Sinopse: Mamá galiña está incubando un ovo porque quere ter un fillo. Sae un momento en busca de comida e nese instante un ladrón rouba o seu ovo e comeza a trama. Aparece un ancián acudindo á chamada de auxilio e, por medio de xogos e a axuda do público, tentará atrapar ao ladrón, recuperar o ovo e facer xustiza.
Domingo 10 Outubro – 12.30 h
PROYECTO CARAVANA (Aragón): "VERSOS EN TU VENTANA" Título do espectáculo: Versos en tu ventana Nome da compañía: Proyecto Caravana Idades recomendadas: Todos os públicos Duración: 55 minutos Técnica: monicreques, máscaras e clown Idioma: castelán Sinopse: A catedrática Poesía e o seu bolseiro Poema veñen presentarnos unha particular exposición: unha colección de poemas e contos en verso que cobran vida dentro dos marcos dun vello museo. Para poñelo todo en orde será necesario recolocar aos versos nas súas xanelas, os monicreques nos retablos e as ilusións sobre o escenario. Un espectáculo dinámico e participativo onde monicreques de luva, marottes, obxectos e máscaras conviven co clown-intelectual deste singular equipo de investigación que todo o rima.
Venres 15 Outubro – 18.00 h
MANU MANSILLA (Arxentina): “Títeres a cielo abierto” Título do espectáculo: Títeres a cielo abierto Nome da compañía: Manu Mansilla y su Teatro de Títeres Anticostumbrista Idades recomendadas: Todos os públicos Duración: 60 minutos Técnica: variña, mesa, bocóns Idioma: castelán Sinopse: Un espectáculo familiar que invita ao público a interactuar a través de tres divertidas historias. Un monstro do centro da terra parece un terrorífico ser. Pero rapidamente descubriremos que, en realidade, é un sociable e tenro monstro alaranxado. Un cuadrilleiro chamado Perigo vén decidido a conquistar o mundo e buscará entre o público aos seus novos secuaces. Conseguirá atopar algún neno "malvado" que lle axude a concretar o seu maléfico plan ou será máis forte o desexo de protexer o noso planeta e os seres que viven nel? Manu e o seu monicreque, Luís, intentan poñerse de acordo sobre quen dos dous manda, un conflito clásico onde Luís ensinará a Manu a ver as cousas dende outro punto de vista.
Sábado 16 Outubro – 18.00 h
HUGO & INÉS (Perú) "Body Rhapsody" Título do espectáculo: Body Rhapsody Nome da compañía: Hugo & Inés Idades recomendadas: A partir de 6 anos Duración: 45 minutos Técnica: mimo e monicreques Idioma: sen texto Sinopse: É un desfile pintoresco de divertidos personaxes que, nos curtos momentos da súa existencia sobre a escena, pretenden atrapar aqueles pequenos momentos poéticos que se atopan agochados na vida cotiá. Estes personaxes, cos seus soños e frustracións, cos seus éxitos e fracasos, nárrannos o eterno drama da traxicomedia humana...
Domingo 17 Outubro – 12.30 h
FUNDACIÓN TITEREFUÉ E TITTIRITAINAS TEATRO (Ecuador): “Diente de leche” Título do espectáculo: Diente de leche Nome da compañía: Fundación Titerefué e Titiritainas Teatro de Títeres Idades recomendadas: Todos os públicos Duración: 60 minutos Técnica: monicreques de luva, manipulación á vista e luz negra Idioma: castelán Sinopse: Unha noite moi clariña, un estraño artefacto voador atravesa o ceo do barrio de San Goloteo; o seu piloto é, nin máis nin menos, o famoso Rato Pérez, quen ten como misión xuntar os dentes de leite que as nenas e nenos deixan baixo as súas almofadas para convertelos en estrelas. El e todos os ratiños que conforman a Compañía Pérez e Pérez, percorren as rúas, casas e barrios do mundo enteiro para levar a cabo a súa nobre tarefa de iluminar o firmamento. Chester e Bigotes, dous gatos caprichosos, andan detrás da súa pista, pois queren aquel tesouro para cambialo por luxos que todo gato soña con ter.
mas info en la pagina de Galicreques
Atencion a las escolares concertadas con los centros educativos
dias 11 ,12 ,13 ,14 ,15 ás 12.00H.
compañias ofertadas en el fesival de Títeres
- Fundacion Titerefue diente de leche
- Teatro escena jurásico perdido
- Manu Mansilla a cielo abierto
- Teatro Arbole locadia la bibliotecaria
- la Mar de marionetas la senda del agua
- Títeres Brincadeira
- Proyecto Caravana versos en tu ventana
- Valeria a morte que sambou
- Moving compass Tacao
- Teatro de Marionetas La Estrella los magníficos
- Títeres Cachirulo
- Ver catalogo Galicreques
reserva de entradas en salagurugu@gmail.com y en el telefono 616701099