II Festival Internacional de Títeres da Coruña
"Extension Galicreques"
Seguimos co Festival
Fin semana do 3 ao 5 de Octubre
19.00
H – SALA GURUGÚ

Venres 3 outubro 19:00 - Títeres Barrilete
(Arxentina) “Mi amor es un colador” (+4 anos)
Título
do espectáculo: Mi amor es un colador
Nome
da compañía: Títeres Barrilete
Idades
recomendadas: a partir de 4 anos
Duración:
50 minutos
Técnica:
guiñol, bocóns, obxectos
Idioma:
castelán
Sinopse: A
caprichosa cadeliña
Nina
e a súa monicrequeira dispóñense a comezar a función. Pero hai un
pequeno problema: deixáronse esquecido un monicreque na casa!
Deciden improvisar un e así nace Toto:
feito cun coador, esponxas de cociña e algúns retallos. Pero Nina
rise del cando ensaian a súa escena e Toto,
doído, vaise. Polo seu camiño fai novos amigos, axudándolles e
mellorando as súas vidas; mentres tanto a monicrequeira e Nina,
moi arrepentida, o buscan ata debaixo das pedras, pero poderán
reencontrarse e empezar de novo? Unha historia chea de humor,
encontros e desencontros, para pequenos
e grandes, onde valoramos a amizade, a solidariedade e a aceptación
do diferente.
Sábado 4 outubro 19:00 - Viktor Antonov (Rusia) “Circus on the strings” (+3
anos)
Título
do espectáculo: Circus on the strings
Nome
da compañía: Viktor Antonov
Idades
recomendadas: a partir de 3 anos
Duración:
45 minutos
Técnica:
marionetas de fío
Idioma:
visual, sen texto
Sinopse:
Espectaculares números
de circo. O punto de unión é un simpático pallaso que presenta
cada número mesturando a destreza da manipulación co humor e a
tenrura dos personaxes.
A
arte interpretativa en Rusia é unha referencia para o mundo. No
teatro de bonecos posúen unha das tradicións máis relevantes, e o
artista Viktor Antonov está catalogado como unha das principais
figuras do seu país. Os seus bonecos, creados e manipulados cunha
técnica exquisita e depurada, sorprenden pola súa vida e
plasticidade.
Domingo 5 outubro 19:00 - Teatro la Estrella (Valencia) “Los músicos de Bremen”
(+3 anos)
Título
do espectáculo: Los músicos de Bremen
Nome
da compañía: Teatro La Estrella
Idades
recomendadas: a partir de 3 anos
Duración:
60 minutos
Técnica:
marionetas de variña e luva, actores, marionetas xigantes e pallasos
Idioma:
castelán
Sinopse:
Un can cantante, unha gata bailarina, un burro poeta e un galo
roqueiro formarán a banda dos músicos de Bremen.
Un grupo de animais "diferentes" que loitarán por seguir
séndoo. Pero non están a salvo, os porcos do saco andan soltos polo
bosque...
Precio :entrada unica 5 euros
Agra do Orzán nº3 A Coruña tef.616701099
Organiza :Sala gurugu ,Asociacion socioculturas e das artes escenicas Exempla"
Colabora :concello da Coruña ,Asociacion cultural Barriga verde "Galicreques"
Patrocina :Inaem ,Agadic .ascdas artes Exempla.